MáisBus

Versión web cos datos en tempo real, traxectos e horarios dos autobuses urbanos en Compostela

Obter paradas próximas (require permitir xeolocalización)

Liña L13 - Belvís / Xeneral Pardiñas

Datos xerais

Descrición de frecuencias e observacións

Belvís – Xeneral Pardiñas

L-V laborables

7:00 7:30 8:05 8:45 9:25 10:05 10:45 11:25 12:05 12:45 13:25 14:05 14:45 15:25 16:05 16:45 17:25 18:05 18:45 19:25 20:05 20:45 21:40

Sábados laborables

7:00 7:40 8:20 9:00 9:40 10:20 11:00 11:40 12:20 13:00 13:40 14:20 15:00

Xeneral Pardiñas – Belvís

L-V laborables

7:20 7:50 8:30 9:10 9:50 10:30 11:10 11:50 12:30 13:10 13:50 14:30 15:10 15:50 16:30 17:10 17:50 18:30 19:10 19:50 20:30 21:20 22:00

Sábados laborables

7:20 8:00 8:40 9:20 10:00 10:40 11:20 12:00 12:40 13:20 14:00 14:40 15:20

Liña con incidencia ou cambio temporal de itinerario, prema para ver máis detalles

Desvíos cortes de tráfico (luns 2-mércores 4/3)

  • Inicio vixencia: 2026-02-27 00:00
  • Fin vixencia: 2026-03-04 23:59
Desvío por cortes de tráfico por reasfaltado de vías (de luns 2 a mércores 4 de marzo)
Con motivo dos traballos de reparación de asfaltado en determinadas vías, produciranse cortes de tráfico e desvíos nas liñas de transporte urbano. Este terceiro aviso comprende as liñas afectadas entre o luns 2 e o mércores 4 de marzo. 
*Horarios:
Día completo: de 8:30 a 19:30
Soamente de mañá: 8:30 a 13:30
Soamente de tarde: 14:30 a 19:30

*LUNS 2, día completo. Corte na rúa República Arxentina, entre Romero Donallo e Fernando III.
Liñas afectadas: 5 (sentido Vite), 15 (sentido Campus Norte) e C4.

Itinerario de desvío: Romero Donallo, rúa do Hórreo, San Pedro de Mezonzo e República Arxentina.
Paradas suprimidas: (432) República Arxentina nº 43 (esquina Romero Donallo)
Paradas alternativas: (431) República Arxentina nº 26, ou a anterior parada de cada liña (avda. Ferrol para as liñas 5 e C4, avda. Mestre Mateo para a liña 15)
Plano desvíos corte República Arxentina

*LUNS 2, turno de tarde + MARTES 3, turno de mañá. Corte na rúa Pontevella de Vidán.
Liñas afectadas: P2 nos dous sentidos de circulación.

Itinerario de desvío: AC-543, estrada de Noia, rúa da Xunlla, Paredes, Larañiño, Reiboo, retomando itinerario en Casal. As saídas de Laraño farán o mesmo desvío.
Paradas suprimidas: (477 e 478) Rúa da Ponte Vella, (38 e 39) Amañecida, (291 e 292) Laraño, igrexa
Paradas alternativas: serán as mesma que houbo durante o corte desta vía nas recentes obras da zona: Paredes, Larañiño, Reiboo e Reiboo, cruce de Casal.
Plano desvíos corte Ponte Vella

*MARTES 3, día completo. Corte na avda. Quiroga Palacios.
Liñas afectadas: 13 (sentido Belvís).

Itinerario de desvío: rúa San Pedro, Concheiros e avda. Lugo, finalizando percorrido na marquesiña da parada (86) avda. Lugo, cruce Quiroga Palacios.
Paradas suprimidas: (497) San Pedro, igrexa; (498) Calzada de San Pedro, Don Bosco; (499) rúa Belvís, convento; (111) avda. Teodomiro, Seminario Menor; (416) Quiroga Palacios nº 10; (417) Quiroga Palacios nº 54
Paradas alternativas: (511) rúa San Pedro nº 58, (86) avda. Lugo, cruce Quiroga Palacios
Plano desvíos corte Quiroga Palacios

*MARTES 3 + MÉRCORES 4, días completos. Corte na avda. Burgo das Nacións, sentido de subida.
Liñas afectadas: 15 (sentido Campus Sur).

Itinerario de desvío: a liña 15 fará un percorrido circular desde avda. de Coimbra ata Santa Clara. Por Coimbra e Burgo das Nacións circulará soamente en sentido de baixada. Os usuarios que vaian ao Ensanche e Campus Sur poderán subir aos autobuses cando circule en sentido de baixada.
As saídas de Xornalismo irán pola avda. Castelao, pza. da Paz, Pastoriza, retomando en Santa Clara.
Paradas suprimidas: (135) Burgo das Nacións, Auditorio; (138) Burgo das Nacións, económicas; (82) avda. Coimbra nº 9
Paradas alternativas: (136) Burgo das Nacións, colexio Vite; (137) Burgo das Nacións, económicas; (81) avda. Coimbra nº 2; (576) Santa Clara.
Plano desvíos corte Burgo das Nacións

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos corte S. Pedro e Angustia (xov 5 a dom 8)

  • Inicio vixencia: 2026-03-02 00:00
  • Fin vixencia: 2026-03-08 23:59
Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Angustia (a partir das 9:00 do xoves 5 ata a finalización dos servizos do domingo 8 de marzo)
Con motivo dun corte de tráfico, as liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:
Nos horarios e días indicados, cortaranse ao tráfico a rúa de San Pedro (despois do cruce coa Calzada de San Pedro) e a rúa da Angustia. As liñas volverán aos seus percorridos habituais desde o inicio de servizos do luns día 9.
*CORTE RÚA DE SAN PEDRO. Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):
A liña 13 poderá facer SEN desvíos o traxecto Xeneral Pardiñas – Belvís, ao estar o punto de corte despois do cruce coa Calzada de San Pedro.
A liña C11 desviarase desde Virxe da Cerca por San Roque, Pastoriza, avda. Rodríguez de Viguri e avda. de Lugo, retomando ahí o seu itinerario habitual a Fontiñas.
Paradas suprimidas liña C11: (397) Porta do Camiño; (511) rúa San Pedro nº 58; (219) Cruceiro de San Pedro.
*CORTE RÚA DA ANGUSTIA. Desvío sentido sur (desde avda. R. de Viguri a Concheiros – Bonaval - San Roque):
As liñas 9, 13 e C5 desviaranse continuando por avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Pastoriza e San Roque, retomando a partir de ahí o seu itinerario habitual.
Paradas suprimidas: (196) Rodríguez de Viguri, acceso Concheiros; (220) Cruceiro de San Pedro; (154) Campo da Angustia; (557) San Domingos de Bonaval; (639) Valle Inclán La Salle.
Todas as paradas do transporte urbano nos percorridos de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Itinerarios para a liña

Atención: Esta liña está afectada por unha incidencia, o que podería ter efectos sobre o itinerario real dos autobuses. Teña en conta que os itinerarios que se amosan a continuación son os orixinais. Para máis información sobre a incidencia abra a lapela correspondente máis arriba.

Ida: Belvís - Xeneral Pardiñas

  1. Quiroga Palacios nº 54 - ID 417
  2. Avda. de Lugo nº 22 - ID 92
  3. Avda. de Lugo (xulgados) - ID 89
  4. Avda. Rodríguez de Viguri (c. Monte dos Postes) - ID 87
  5. R. Viguri acceso Concheiros - ID 196
  6. Cruceiro de San Pedro 1 - ID 220
  7. Campo da Angustia - ID 154
  8. San Domingos de Bonaval - ID 557
  9. Valle Inclán (La Salle) - ID 639
  10. Virxe da Cerca (Praza de abastos 1) - ID 660
  11. Fonte de San Antonio nº 3 - ID 247
  12. Praza de Galicia nº 3 - ID 410
  13. Xeneral Pardiñas nº 35 - ID 673

Volta: Xeneral Pardiñas - Belvís

  1. Xeneral Pardiñas nº 35 - ID 673
  2. Xeneral Pardiñas nº 7 - ID 674
  3. Praza de Galicia - ID 409
  4. Ensinanza - ID 228
  5. Virxe da Cerca nº 10 - ID 662
  6. Porta do Camiño - ID 397
  7. San Pedro (igrexa) - ID 497
  8. Calzada de San Pedro (Don Bosco) - ID 498
  9. Rúa de Belvís (convento) - ID 499
  10. Avda. Teodomiro (Seminario Menor) - ID 111
  11. Quiroga Palacios nº 10 - ID 416
  12. Quiroga Palacios nº 54 - ID 417